Non podo facelo todo

pero ainda podo facer algo

O voluntariado é a forza dos eventos

Cada proba deportiva precisa de persoal que atenda os diferentes servizos dos que consta. Dende que o corredor e acompañantes son recolldos no aeroporto ou a estación de tren precisa duns servizos persoalizados que os atendan e os mimen como si estuveran na sua propia casa.

Na Ultra Trail Costa da Morte isto o queremos facer da maneira mais profesional posible. Queremos reunir un grupo de xente que dé soporte o evento durante o tempo de duración do mesmo (14 ó 22 de setembro de 2018).

A Organización atenderá as necesidades dos voluntarios en canto a aloxamiento, manutención, vestimenta e desprazamento.

Os servizos que se pretenden cubrir son:

  1. Entrega de dorsais e bolsa do corredor.
  2. Preparación e atención de avastecementos.
  3. Traducción e acompañamento.
  4. Balizaxe e desbalizaxe dos recorridos.
  5. Control da prueba.
  6. Montaxe e desmontaxe das etapas.
  7. Atención sanitaria.
  8. Speaker.
  9. Prevención en lugares perigosos.
  10. Fotografía e video.
  11. Outros.

Todos os voluntarios recibirán a formación adecuada a cada posto en xornadas que se irán planificando nos próximos meses.

Se tes a formación precisa para poder desenvolver algunha das tarefas, disponibilidade y estás interesado en participar nun gran evento deportivo na Costa da Morte envíanos un correo a info@utcm.run e explícanos porqué queres participar e qué podes aportar.

¡Moitas grazas pola tua colaboración!