As viaxes son os viaxeiros

O que vemos é o que somos

Despreocúpate do transporte

A organización dispoñerá de desprazamento en autocar incluído dentro da inscrición PREMIUM.

Dende que chegues ao aeroporto ou estación de tren de A Coruña ou Santiago de Compostela o 14 de setembro ata que regreses ao aeroporto ou estación de tren o 22 de setembro poderás dispoñer de servizo de autobús para os teus desprazamentos entre os aloxamentos, etapas e locais das ceas.

Cada día, un autobús recolleravos no aloxamento e levaravos á zona de saída da etapa.

Ao finalizar e despois de comer levaravos aos aloxamentos.

O transporte servirá para levarvos aos locais das ceas e volta aos aloxamentos.

Os acompañantes que adquirisen inscrición PREMIUM tamén terán dereito ao transporte ao comezo de cada etapa, ao final das mesmas e aos locais onde se realizarán as ceas con volta aos aloxamentos.

Este servizo só estará dispoñible para corredores e acompañantes que adquiran inscrición PREMIUM.

Cada autocar levará persoal da organización a bordo para resolver calquera incidencia que se desenvolva.

Rógase puntualidade para evitar atrasos nos horarios previstos.