Velando pola túa seguridade

Se nos precisas, aí estaremos

Practiquemos o noso deporte con seguridade

En toda proba deportiva a seguridade é un dos alicerces máis importantes a ter en conta de fronte ao éxito da mesma.

A organización dispoñerá de medios de seguridade para emendar calquera incidencia que se produza durante a proba.

Dispoñeremos de seguro de responsabilidade e seguro de accidentes con amplas coberturas.

Teremos ambulancias medicalizadas con persoal cualificado ao longo de cada etapa para facer fronte a calquera continxencia.

Ademais dispoñerase de servizo de fisioterapia e podoloxía para atendervos en caso de necesidade.

Contarase coa estimable colaboración das agrupacións locais de Protección Civil que estarán dispersos en cada etapa para salvagardar a vosa integridade física.

A seguridade en zonas urbanas e cruces de estrada estará coordinado pola autoridade competente (Policía Local ou Dirección Xeral de Tráfico).

Por último contarase cun equipo de voluntarios que virán con gañas de axudar e emendar calquera incindencia que poida xurdir aos participantes.