As normas pola túa seguridade

non debían ser postas en dúbida

A seguridade dun, o primeiro

Ademais de que a organización poña os medios de seguridade precisos é necesario que cada participante porte un material persoal que lle poida axudar en situacións de emerxencia que non poidan ser emendadas urxentemente polos medios adoptados e que son inherentes a unha proba de ultra distancia.

O material que debería portar cada corredor en cada etapa clasifícase en material obrigatorio e material recomendado.

MATERIAL OBRIGATORIO

  1. Calzado adecuado para o terreo no que se desenvolve a UTCM 2018: praias, carreiros, pistas forestais, cantís, rocas, fortes pendentes, …
  2. Roupa técnica adecuada para facer fronte a posibles condicións adversas de costa e media montaña (forte vento, choiva, frío, …).
  3. Vaso ou recipiente para avituallamento líquido (por razóns de eco-responsabilidade nos avituallamentos non se facilitarán vasos para a reposición de líquidos).
  4. Manta térmica.
  5. Reserva de alimento suficiente (mínimo 200 calorías na saída de cada etapa) para facer fronte a condicións imprevistas e tendo en conta que a proba se realiza en condicións de semi- autosuficiencia.
  6. Chifre. Será válido o que adoita vir coas mochilas de hidratación a condición de que funcione correctamente.
  7. Documento identificativo (DNI).
  8. Dorsal facilitado pola organización.
  9. Tracker de seguimento facilitado pola organización.
  10. Aparello GPS co track de cada etapa e a batería cargada á saída de cada etapa.
  11. Mapa de ruta e perfil de cada etapa facilitados pola organización.
  12. Teléfono móbil coa batería cargada á saída de cada etapa e aceso durante toda a proba.
  13. Pequeno botiquín con material para curar pequenas feridas e rozaduras.

A organización resérvase o dereito de eliminar a obrigatoriedade de calquera elemento da lista anterior se se atopase asegurada fehacientemente a integridade e seguridade de todos os participantes.

Realizaranse controis de material obrigatorio ao comezo e nalgúns puntos de cada etapa.

A falta de calquera elemento obrigatorio implicará sanción de tempo ou, de ser reiterada, supoñerá a descualificación.

MATERIAL RECOMENDADO

  1. Bastóns.
  2. Pastillas potabilizadoras por se se necesita coller auga en fontes públicas cuxa potabilidade escapa ao control da organización.
  3. Luvas, braga e gorro en caso de vento e frío.
  4. Batería de reposto ou cargador portátil para o teléfono móbil e GPS.
  5. Crema solar.
  6. Crema antirozaduras.
  7. Lentes de sol.
  8. Diñeiro en efectivo (20 € por etapa) por se xorde unha emerxencia.

A falta de calquera elemento recomendado non implicará sanción de tempo ou descualificación.