Canto máis difícil é o reto

máis orgullo sentimos ao rematalo

14 concellos, 7 etapas, 265 kms, 9000 m D+

A Ultra Trail Costa da Morte é unha proba de trail running de longa distancia dividida en 7 etapas. Ultras hai moitas e queremos facer algo totalmente diferente. Desde hai un tempo existen as probas por etapas. Hai anos naceron as míticas Marathon des Sables, Transalpine Run e outras. Os seus custos e loxística desaniman, en moito casos, á participación.

Entendemos que a Costa da Morte é un lugar privilexiado para celebrar un evento destas características e é por iso que nos embarcamos neste proxecto. Queremos que disfrutedes deste deporte que tanto nos apaixona sen descoidar en ningún momento os servizos que debe de ter un evento de este calibre. Para iso presentamos dous paquetes segundo as vosas necesidades. O que sí será importante é participar das ceas de cada etapa. Nelas celebrarase o briefing de cada etapa, mostraranse imaxes de cada día e, o máis importante, coñecerémonos entre todos e compartiremos momentos inesquecíbeis. De vital importancia será o que a organización reciba feedback diario de vós, os protagonistas. Toda mellora que achegue valor ao evento será tida en conta para a súa análise inmediata ou posterior.

Serán 7 etapas con dificultade, sensacións e paisaxes diferentes. Será toda unha experiencia que poderás gozar de maneira individual ou en equipos de 2 persoas. Será tamén unha aventura onde a túa familia póidache acompañar. Onde poderás devolver o esforzo que os seres queridos fan mentres preparas unha proba ou sales a competir.

O percorrido unirá rutas existentes que vertebran a Costa da Morte. Pistas forestais, carreiros, montes, praias, aldeas e pobos mariñeiros conforman un percorrido atractivo para todo deportista amante da natureza.

Para minimizar os posíbeis riscos inherentes a calquera deporte outdoor, desde a Organización velaremos pola seguridade. Será unha máxima que require de compromiso por ambas partes pero que irá en beneficio dos participantes. A proba poderá ser seguida por internet e familiares e amigos poderán saber en cada momento a vosa localización e clasificación a medida que avanzades.

As tardes serán para gozar coas vosas familias; facer un pouco de turismo, descansar, confraternizar,...

Este evento é de toda a Costa da Morte e contaremos con empresas da zona para atender os servizos necesarios deste evento. Queremos que este evento sexa unha fonte dinamizadora na zona.

En definitiva, se queres gozar do teu deporte durante unha semana mentres descobres un fermoso territorio descoñecido en compañía dos teus seres queridos, mentres coñeces a outros participantes, este é o reto que che propoñemos.

Se aínda non te animas, segue lendo os demais apartados da web para ver se che convencemos.