Entendamos a nosa vida

amando á nai natureza

Coidemos a contorna que pisamos

Toda proba deportiva desenvolvida no medio natural ten o deber de preservar o percorrido antes da proba, durante e ao finalizar a mesma. Non imos ser menos.

A Costa da Morte goza de espazos con especial protección. Pertence á Rede Natura 2000 e goza de protección LIC (Lugares de Importancia Comunitaria) e ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves).. Zonas LIC son Costa da Morte e Carnota - Monte Pindo e zonas ZEPA, Costa da Morte (Norte). Por suposto, estas zonas gozarán da nosa especial protección e tomaranse medidas para preservalas.

As aves utilizan a Costa da Morte como ruta de migración entre Europa e América. Goza de estuarios onde se poden admirar cantidade de aves desde diferentes miradoiros. A Lagoa de Traba e o Anllóns coa súa desembocadura son áreas de gran riqueza en canto a número de especies avistadas.

En cada etapa dispoñeranse medidas para coidar do medio ambiente que incluirán medidas sancionadoras en caso de non cumprirse, a descualificación entre elas. Seremos moi extrictos neste tema porque amamos a nosa terra e queremos ter máis edicións de este ou outros eventos.

Medidas como non dispoñer de vasos nos avituallamientos, disposición de contedores en zonas habilitadas, marca de xeles de cada participante, revisión do percorrido e outras servirán para manter o noso compromiso co medio ambiente.

Tamén dispoñeremos doutras medidas como non realizar necesidades fisiolóxicas en acuíferos, non realizar campo a través, ... para evitar a deterioración e non molestar á fauna.

A organización e persoal voluntario gozarán da formación necesaria para preservar o medio ambiente e velarán en todo momento polo estrito cumprimento das normas a ter en conta.

Se queremos preservar o medio e seguir gozando del debemos de cumprir escrupulosamente as normas que se marquen polo ben de todos e, especialmente, pola supervivencia de eventos outdoor.