Costa dos sentidos

Ver, oir, cheirar e sentir atenuarán o noso sufrimento

Costa da Morte, Costa da Vida

Os numerosos naufraxios de embarcacións acontecidos ao longo dos séculos nas súas costas dan razóns para ese nome. As hemerotecas informan de que xa no ano 1596, 25 barcos da Armada Española afundíronse tras unha terrible tempestade provocando 1706 vítimas. A historia seguiunos dando desagradables noticias como as catástrofes protagonizadas polos navíos ingleses " Wolfstrong" (1870), " Irish Hull" (1883) e " HMS Serpent" (1890) entre outros moitos. Nas últimas décadas outros barcos tiveron igual infortunio. Sirva como exemplos o Banora (1965), Casón (1987) e o máis recente, o Prestige (2002).

A estas catástrofes sufridas por barcos doutras latitudes hai que sumar as sufridas pola frota local. A pesca daba para comer a moitas familias e, na súa busca diaria do sustento, moitas perderon a algún dos seus membros mentres se penetraban nas duras augas atlánticas.

Pero a Costa da Morte non só é morte e destrución, como o seu nome pode indicar. A Costa da Morte é vida, paisaxes de ilusión, vilas mariñeiras, longas praias e pequenas calas, faros, xentes afables e traballadoras. É pesca e agricultura. É tradición e modernidade. É gastronomía e festa.

Desde hai uns anos naceron proxectos locais que tentan difundir a zona no exterior. Froito dese esforzo cada ano chegan moitos visitantes desde diferentes partes do mundo.

O xeodestino Costa da Morte reune 17 concellos dos que a Ultra Trail Costa da Morte percorre 14. Dende él téntase atraer turismo a través de diferentes perspectivas, sendo a natureza e o deporte eixos importantes. Dende a Organización deste evento queremos poñer o noso gran de area na promoción turística deste marabilloso territorio.

Como coñecedores da contorna no que se desenvolverá a proba deportiva debemos indicar que cada día será diferente para os participantes. Tanto a contorna como a paisaxe, as cores e o terreo serán distintos.

Asegurámosvos que as sensacións serán moi variadas pero á vez tremendamente gratificantes. Esta viaxe achegaravos sensacións tan pracenteiras que ao finalizalo cambiardes o nome de Costa da Morte por Costa da Vida.