Despois dunha dura batalla

chega o descanso do guerreiro

¡Fogar, doce fogar!

A Costa da Morte dispón ao longo das súas poboacións dun longo número de aloxamentos: hoteis, pensións, albergues e turismo rural.

A idea loxística da organización é crear dúas áreas de aloxamento: Cabana de Bergantiños-Laxe para as primeiras etapas e Cee-Fisterra para as derradeiras etapas. Nelas, participantes e corredores poderán gozar dun merecido descanso despois do esforzo de cada etapa. Tentaremos que vos sintades como na vosa propia casa.

Con esta medida, a parte de comodidade, queremos incentivar a interacción entre os propios participantes e acompañantes. Queremos crear unha gran familia que compartan a súa experiencia.

O servizo de aloxamento incluirá o almorzo.

Exclusivamente, os participantes e acompañantes que adquiran inscrición PREMIUM terán dereito ao servizo de aloxamento.

O aloxamento poderá ser en cuarto dobre, triplo ou mesmo con capacidade para 4 ou 6 persoas.

Incluirá as noites do 14 ao 21 de setembro de 2018.